Sen título (DX1210/27)

Sen título (DX1210/27)
Sen título (DX1210/27)
Comentario

Varios fragmentos (9) que pertencen a unha mesma xerra de pico trilobulado (Tipo 29). A peza ten corpo piriforme e boca trilobulada con pico vertedor pechado. Para a súa suxeición dispón dunha asa acodada de sección aplanada recorrida lonxitudinalmente por unha depresión central que remata na parte superior por medio dun aplique en forma de media lúa para colocar o dedo polgar. O seu fondo é plano. Pasta de cor ocre con desengrasantes compostos por cuarzo e micas.

Sen título (DX1211/14)

Sen título (DX1211/14)
Sen título (DX1211/14)
Comentario

A peza atópase fragmentada en dous anacos que unen entre sí. Amosa unha forma circular cun orificio central que rompeu a estampilla da tella indicando a súa reutilización cunha finalidade descoñecida.

A cartela rectangular da peza mide 6 x 4 cm e inclúe a marca anexada MAR (de 2,5 cm de altura) en relevo correspondente ao alfareiro.

Sen título (CE006310/19)

Sen título (CE006310/19)
Sen título (CE006310/19)
Comentario

Culleriña ("ligula") realizada a partir dunha varilla de bronce de sección circular, cuxo extremo distal aplanouse e ensanchouse para facer unha cazoleta.

Sen título (DX1211/12)

Sen título (DX1211/12)
Sen título (DX1211/12)
Comentario

Conxunto de fragmentos correspondentes a unha botella de tamaño mediano do tipo Isings 50. Un dos fragmentos pertencente ao bordo conserva o arranque do colo da botella. Outro dos anacos amosa unha decoración estriada e formaba parte da asa. Nos fragmentos distínguense picados do tipo "pontos negros" e algunhas burbullas.

1: Dous fragmentos de bordo que pegan.

2: Asa. Altura 3,5; anchura 2,6 e grosor 1,2-0,7 cm

3: Fragmento de corpo. Lonxitude 2,7; anchura 1,8 e grosor 0,4 cm

4: Fragmetno de corpo. Lonxitude 2,1; anchura 1 e grosor 0,4 cm

Sen título (DX1210/26)

Sen título (DX1210/26)
Sen título (DX1210/26)
Comentario

Punta de lanza en ferro de sección romboidal e forma de folla con tubo de enmangue oco de sección circular.

Sen título (DX1210/23)

Sen título (DX1210/23)
Sen título (DX1210/23)
Comentario

Fragmento correspondente ao bordo dunha botella cuadrangular do tipo Isings 50. Amosa o arranque do colo do recipente e ten unha cor amarela translúcida. A parede está rematada por un bordo espeso co labio volteado cara o exterior, sobreerguido e dobrado sobre sí mesmo. Pasta cor crara.

Sen título (DX1208/8)

Sen título (DX1208/8)
Sen título (DX1208/8)
Comentario

Fragmento correspondente ao bordo dunha botella prismática do tipo Isings 50 de gran tamaño. Amosa o arranque do colo do recipente e ten unha cor verde translúcida. A parede está rematada por un bordo espeso, volteado cara afora, sobreerguido e dobrado sobre sí mesmo, formando un rebordo na parte interna. A través da fotografía na peza aprézase un picado do tipo pontos negros.

Sen título (DX1208/7)

Sen título (DX1208/7)
Sen título (DX1208/7)
Comentario

Ficha ("calculus") de forma elíptica e plana por ambas caras.

Sen título (DX1210/22)

Sen título (DX1210/22)
Sen título (DX1210/22)
Comentario

Dardo para lanzar con catapulta (pilum catapultarium) de sección cadrada na punta e circular no tubo de enmangue semellante ós aparecidos en campañas arqueolóxicas anteriores. No momento da súa recuperación nas escavacións arqueolóxicas tiña unha lonxitude de 8,3 cm, máis a súa degradación fixo que no momento da súa catalogación só conserve 5,3 cm