Sen título (DX1210/21)

Sen título (DX1210/21)
Sen título (DX1210/21)
Comentario

Punta de ferro triangular correspondente a unha espada ("spatha") que se conserva en tres láminas.

Sen título (DX1210/20)

Sen título (DX1210/20)
Sen título (DX1210/20)
Comentario

Cuña ("cuneus") de ferro e sección cadrada empregada para fender na rocha e proceder a extracción de pedra nas canteiras. Fáltalle a cabeza.

Sen título (DX1210/18)

Sen título (DX1210/18)
Sen título (DX1210/18)
Comentario

Cuña ("cuneus") de ferro e sección cadrada rematada en punta plana, empregada para fender na rocha e proceder a extracción de pedra nas canteiras.

Sen título (DX1210/16)

Sen título (DX1210/16)
Sen título (DX1210/16)
Comentario

Chumbada de forma cónica e sección circular. Na súa parte proximal presenta restos de ferro correspondentes a argola necesaria para a súa suspensión.

Sen título (DX1210/15)

Sen título (DX1210/15)
Sen título (DX1210/15)
Comentario

Anverso: [TI CLAVDIVS] CAESAR [AVG PM TRP IMP]

Cabeza desnuda de Claudio á esquerda.



Reverso: Ilexible.

Sen título (DX1210/14)

Sen título (DX1210/14)
Sen título (DX1210/14)
Comentario

Anverso- [TI CLAVDIVS] CAESAR [AVG PM TRP IMP].

Cabeza desnuda de Claudio á esquerda.



Reverso: [LIBERTAS AVGVSTA] S.C.

Libertas de pé á dereita suxeitando gorro.

Sen título (DX1210/12)

Sen título (DX1210/12)
Sen título (DX1210/12)
Comentario

Fragmentos (2) dun instrumento metálico alargado de sección lixeiramente rectangular o cal estréitase nun dos seus extremos. A falta de elementos máis explícitos impide sinalar con exactitude a que tipo de instrumento debeu corresponder, aínda que as súas características morfolóxicas fan pensar no instrumental médico-cirúrxico (tipo escalpelo, sonda, etc.)

Sen título (DX1210/8)

Sen título (DX1210/8)
Sen título (DX1210/8)
Comentario

Doa de colar en pasta vítrea e cor verde clara decorada a base de nervios oblicuos con forma ovalada. Amosa unha factura algo irregular.

Sen título (DX1210/7)

Sen título (DX1210/7)
Sen título (DX1210/7)
Comentario

Trátase dunha peza oca, de sección circular e parede curvilínea, Na parte superior posúe unha argola e, ademais, aprézanse dous pequenos burato con incrustacións de ferro oxidado. No seu interior consérvanse restos de ferro do sistema de fixación do badalo que tiña orixinalmente, fabricado en ferro, O badalo debeu pendurar dun anel. Na época romana, a campaíña coñecíase có nome de "tintinabulum".