Sen título (DX1241)
Dous xemelgos de forma cadrada, con cadea e remate en botón circular de forma discoide con dúas caras convexas.
Anverso: cadrado enmarcado por un sogueado, parte central lixeiramente convexa e decorada con un punteado que lle dá un aspecto rugoso; do centro de cada lado do cadrado sae un pequeno remache decorativo liso, rectangular e que forma un semicírculo deixando un oco calado no medio.
Reverso: lixeiramente cóncavo e suxeita unha cadeíña de cinco elos da que colga o botón.
Sen título (DX1240)
Dous xemelgos idénticos, de forma circular e que pertenceron a Juan Manuel Paz Novoa. Anverso lixeiramente convexo e adornado cunha orla dourada exterior con decoración vexetal -follas-, outra orla interior prateada con puntos e no círculo central as iniciais "JMP " (Juan Manuel Paz): a J prateada e MP douradas sobre fondo marrón escuro que parece brunido.
Reverso plano co sistema de enganche, pasador, soldado ao botón.
Sen título (DX1239)
Medalla ao mérito universitario, forma ovalada.
Anverso: Sol nacente, inscrición, gráfila de puntos.
Reverso: coroa de palma e loureiro, no medio unha flor, inscrición, gráfila de ovas.
Canto: liso.
Sen título (DX1238)
Medalla ao mérito universitario, forma ovalada.
Anverso: Sol nacente, inscrición, gráfila de puntos.
Reverso: coroa de palma e loureiro, no medio unha flor, inscrición, gráfila de ovas.
Canto: liso.
Sen título (DX1237)
Medalla ao mérito universitario, forma ovalada.
Anverso: Sol nacente, inscrición, gráfila de puntos.
Reverso: coroa de palma e loureiro, no medio unha flor, inscrición, gráfila de ovas.
Canto: liso.
Retrato de Juan Manuel Paz Novoa
É un retrato de busto, de pequenas dimensións e formato ovalado, algo habitual no arquetipo de retrato burgués galego do romanticismo, e Paz é retratado á idade de vinte e nove anos, en posición lixeiramente terzada -case frontal- ante un fondo neutro; sobre o peito leva a medalla de catedrático. É unha obra moi académica, formal, na que a fidelidade ao retratado é o esencial de maneira que a pose, a vestimenta e as tonalidades usadas son consecuentes co obxectivo de dignificar o personaxe e outorgarlle a distinción social que lle corresponde. O rostro centra a nosa atención xa que é enfocado dende o ángulo superior esquerdo e queda no medio da penumbra circundante; Salgado reflicte con calidade os seus trazos fisionómicos: rostro alongado, fronte alta e pómulos lixeiramente caídos, pelo con carreiro ao medio, bigote amplo, pupilas cun toque de pincelada branca e mirada de certa seriedade melancólica. O xesto de Novoa é serio, adusto, e a súa postura corporal un tanto envarada e de certa sobriedade protocolaria. A cor é secundaria e só destacan pequenas pinceladas de carmín, o brillo prateado da medalla e o branco da camisa, que poñen o contrapunto ao negro da toga. A pincelada é curta, pouco matérica e apenas deixa trazas sobre o lenzo. O resultado final non está moi lonxe dos retratos destinados ás galerías de personaxes ilustres.
Sen título (DX1211/107)
Tres anacos de bordo e parede dunha cunca de cerámica bracarense da Forma 4 imitación de terra sigillata Drag. 24/25, decorada "á rodiña". A unión do bordo coa parede está marcada por unha moldura biselada.
Sen título (DX1211/94)
Varios anacos (tres) de bordo e asa dunha xerra de cerámica bracarense de corpo cilíndrico e bordo moldurado de pequena altura e gran diámetro de panza. Boca ancha de 10 cm de diámetro co bordo horizontal e labio moldurado resaltado no frente por tres finas ranuras. Porta un so asa de curto desenrolo con perfil acanalado e sección en cinta que remata sobre o bordo cun apéndice de botón.
Sen título (DX1231/9)
Doa de cor verde con irisacións azuis decorada a base de costelas irregulares.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Botón circular dourado, liso, convexo na cara principal e lixeiramente cóncavo no anverso do que sae unha barra perpendicular que remata nun pasador circular para suxeición.
Probablemente era usado para suxeitar os extremos do colo das camisas.