Sen título (DX1241)

Sen título (DX1241)
Sen título (DX1241)
Comentario

Dous xemelgos de forma cadrada, con cadea e remate en botón circular de forma discoide con dúas caras convexas.

Anverso: cadrado enmarcado por un sogueado, parte central lixeiramente convexa e decorada con un punteado que lle dá un aspecto rugoso; do centro de cada lado do cadrado sae un pequeno remache decorativo liso, rectangular e que forma un semicírculo deixando un oco calado no medio.

Reverso: lixeiramente cóncavo e suxeita unha cadeíña de cinco elos da que colga o botón.