Sen título (DX1210/37)

Sen título (DX1210/37)
Sen título (DX1210/37)
Comentario

Doce fragmentos (12) pertencentes a unha Dragendorff 37a, cunca hemisférica con borde simple vertical e labio redondeado. Presenta unha decoración distribuída en dous frisos, un superior a base de repetición de círculos segmentados concéntricos e outro inferior a base de círculos segmentados que enmarcan a figura dunha cegoña, separados por medio de columnas. Posúe un pé anular de sección triangular cerca do cal, gravado coa punta dunha navalla, pódese leer un grafiti anexado coas letras ANT que poden ser as iniciais do nome dalgún soldado chamado Antoninus ou Antonius.

A maiores, un fragmento (1), que casa co resto de pezas, de bordo e inicio de parede onde se lle aprecia unha banda decorativa composta por unha sucesión de dous círculos concéntricos rodeando unha perla central. Altura 4,3; grosor 0,5 e anchura máxima 5 cm. A peza procede da campaña de 2011 (LOCALIZACIÓN/POSICIÓN: AQ - 11/ 8401 - nº 206) e foi inicialmente rexistrada co número DX1211/15.