Sen título (DX1211/14)

Sen título (DX1211/14)
Sen título (DX1211/14)
Comentario

A peza atópase fragmentada en dous anacos que unen entre sí. Amosa unha forma circular cun orificio central que rompeu a estampilla da tella indicando a súa reutilización cunha finalidade descoñecida.

A cartela rectangular da peza mide 6 x 4 cm e inclúe a marca anexada MAR (de 2,5 cm de altura) en relevo correspondente ao alfareiro.