Sen título (DX1210/139)

Sen título (DX1210/139)
Sen título (DX1210/139)
Comentario

Varios fragmentos (4) de bordo, parede e fondo pertencentes a unha oliña de cerámica común semiesférica con bordo aconcavado, decorado no labio por medio dunha banda ondulada que se repite no corpo enmarcada entre dúas acanaladuras. Fondo plano. Engobe de cor vermello no interior. Pasta de cor ocre con desengrasante de cuarzos e micas. No exterior mostra restos de feluxe.