Sen título (DX0017/146)

Sen título (DX0017/146)
Sen título (DX0017/146)
Comentario

Lámina de ferro con ambos extremos rematados en curva. Na parte central da peza presenta un orificio para a colocación dunha punta ou remache.

Sen título (DX1028/357)

Sen título (DX1028/357)
Sen título (DX1028/357)
Comentario

Fragmentos de bordo, corpo e fondo que conformarían unha ola ou vaso piriforme de tamaño medio . Presenta un bordo cóncavo, co corpo piriforme e fondo plano cun lixeiro resalte de talón. No comezo do corpo está decorado con tres acanaladuras. A pasta e as superficies ocres, con manchas negras no exterior.

Sen título (DX0054/124)

Sen título (DX0054/124)
Sen título (DX0054/124)
Comentario

Fragmento de disco dunha lucerna, de pasta de tonalidade alaranxada, está decorado cunha representación dunha figura humana, da que apreciamos a plasticidade da anatomía e os pregues das roupaxes, posiblemente a representación dun gladiador.

Sen título (DX0054/108)

Sen título (DX0054/108)
Sen título (DX0054/108)
Comentario

Fusaiola de forma bitroncocónica simétrica. Pasta con presenza de mica, cocción oxidante e acabado alisado.

Sen título (DX0054/49)

Sen título (DX0054/49)
Sen título (DX0054/49)
Comentario

Fragmentos de prato de cerámica común. Presenta unha parede oblicua e arqueada cara ao interior, un bordo engrosado e biselado.

Sen título (DX1028/354)

Sen título (DX1028/354)
Sen título (DX1028/354)
Comentario

Ola de tamaño medio-grande que presenta base completa, plana e sen resalta de talón. Consérvase, aproximadamente, a metade do bordo, do pescozo e parte do corpo. Amosa bordo aberto lixeiramente facetado e beizo apuntado. O corpo está decorado con espatelado e aplicacións de varios cordóns perimetrais, o primeiro deles no comezo do corpo.

Sen título (DX1028/341)

Sen título (DX1028/341)
Sen título (DX1028/341)
Comentario

Fusaiola plana e feita dunha peza cerámica reutilizada. A pasta e as superficies castañas.

Sen título (DX0054/26)

Sen título (DX0054/26)
Sen título (DX0054/26)
Comentario

Prato de terra sigillata sudgálica de parede vertical, lixeiramente exvasada e con moldura interna no punto de unión entre a parede e o fondo, en forma de cuarto de círculo, e pé anular de sección cuadrangular.

Sen título (CE005231/114)

Sen título (CE005231/114)
Sen título (CE005231/114)
Comentario

Fragmento de colo, corpo, arrinque de asa e fondo dunha xerriña de pasta gris brunida ao exterior. O colo, troncocónico, únese co corpo formando unha marcada carena de onde partiría a asa. O fondo e moi estreito e ten o pé resaltado característico deste tipo de recipientes.

Sen título (CE005231/113)

Sen título (CE005231/113)
Sen título (CE005231/113)
Comentario

Fragmento de bordo e corpo dun vaso tipo piriforme. Amosa decoración no comezo do corpo conformada por tres acanaladuras. A pasta é gris, coas superficies negras, e brunida ao exterior. Presenta un grafito na panza, realizado con algún elemento punzante, relativo ao nome do propietario do vaso. A súa lectura é incompleta debido á fragmentación do recipiente, conservando só algunhas letras, cuxa lectura é complicada ao superpoñerse aos tres riscos verticais característicos dos vasos piriformes, realizados antes da cocción. Do grafito, que sería inscrito despois da cocción, parece lerse IAE.