Fragmento de cunca de terra sigillata hispánica da forma Drag.37 de tamaño medio, caracterizada por ter o corpo hemisférico, o bordo simple de sección circular engrosado cara o exterior, o fondo plano e o pé anular alto. A decoración está articulada en dous frisos subdivididos en metopas nas que aparecen ritmicamente representadas tres divindades: no friso superior Mercurio, e no inferior Minerva acompañada de Mercurio. A separación entre as metopas realízase mediante palmetas moi estilizadas entre tres liñas onduladas verticais; tanto na parte inferior como na superior presenta un friso de ovas.