Sen título (DX0017/157)
Fragmento de fondo da forma Drag. 18. Presenta cartela rectangular cos extremos redondeados co sigillum do oleiro EX.OF.VL..P en letras capitais, rodeado por unha liña circular incisa.
Na parte externa do fondo mostra varios grafitos: quizais un M, moi aberto; VA, con nexo de unión; e un terceiro no que podería lerse KCCINI.
Sen título (CE005270/88)
Bisagra, fragmento lonxitudinal con enmangue e parte de folla, cravos, escoura
Sen título (CE006391)
Puñal largo de base en lingüeta simple de sección pseudotrapecial de lados cóncavos. Non se aprecia bisel.
Sen título (CE005246/367)
Grampa de ferro en forma de
Sen título (DX0017/208)
Vaíña tipo Monte Bernoiro-Miraveche formada por dúas placas de ferro que encaixan por dobrado e presión, de maneira que a lámina do anverso envolve ao do reverso ao bater os seus bordos sobre aquela, adaptándose á forma do puñal. A peza está reforzada, á altura da embocadura, mediante dúas arandelas para os remaches, hoxe perdidos. A súa conteira é de tipo discoidal e está unida mediante dous remaches; na parte posterior, tanto a conteira como como a vaíña, conserva o enganche para o tahalí.
A decoración, totalmente amalgamada pola corrosión de ferro é só visible mediante radiografía, está realizada nun elegante damasquinado en prata con motivos de entrelazo e liñas paralelas.
Sen título (CE005270/119)
Punta de lanza con folla de forma lanceolada, de sección romboidal, cunha nervadura central que lle confire resistencia. Conta cunha base tubular para mangar a hasta de madeira.
Sen título (DX0012/148)
Coitelo do que só se conserva parte da folla co espigo de ferro que se insire nun mango de bronce liso, de forma cilíndrica, levemente ensanchado no extremo que remata nunha cara plana.
Sen título (CE005231/160)
Poda realizada en ferro mediante a técnica de forxado. A folla, á que lle falta a punta, ten un arrinque de sección aplanada e traxectoria curva que vai engrosando cara a punta agás na zona interna, pois é a parte cortante correspondente ó fío. No extremo oposto prolóngase nun longo e fino apéndice de sección circular e forma helicoidal, o que lle proporciona máis fixación ao mango de madeira ou oso no que iría inserto.
Sen título (DX0017/202)
Anel formado por un aro de sección rectangular cunha sinxela decoración de motivos xeométricos en resalte sobre unha pequena mesa rectangular.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Pondus de forma trapezoidal que nunha das súas caras frontais ten un triángulo inciso. A pasta e as superficies son porosas e de cor alaranxada.