Fragmento de bordo e corpo dun vaso tipo piriforme. Amosa decoración no comezo do corpo conformada por tres acanaladuras. A pasta é gris, coas superficies negras, e brunida ao exterior. Presenta un grafito na panza, realizado con algún elemento punzante, relativo ao nome do propietario do vaso. A súa lectura é incompleta debido á fragmentación do recipiente, conservando só algunhas letras, cuxa lectura é complicada ao superpoñerse aos tres riscos verticais característicos dos vasos piriformes, realizados antes da cocción. Do grafito, que sería inscrito despois da cocción, parece lerse IAE.