Fragmento de prato de cerámica común, de bordo recto e parede cóncava ao interior. A superficie é de cor escura ao exterior, con restos de feluxe, e ocre ao interior. A pasta é de cor ocre.
Ofrece a particularidade de mostrar un grafito latino postcocción realizado, en letras de factura coidada, na cara interna, no que claramente se le: VALIIRI [= VALERI], referido ao antropónimo Valerius, o que viría significar (propiedade de) Valerio.