Sen título (DX1028/22)

Sen título (DX1028/22)
Sen título (DX1028/22)
Comentario

Pequeno fragmento de vidro polícromo, coñecido como vidro mosaico, da variante veteada. Ofrece unha contrastada gama cromática con motivos salpicados en amarelo e branco, resultado da disposición das distintas varetas, sobre o fondo azul intenso.

Corresponde a un fondo de pé anular, probablemente dun recipiente dos denominados de perfís cerámicos, en canto que imitaban as formas da terra sigillata itálica correspondentes a cuncas hemisféricas carenadas (tipo Drag. 27) e pratos carenados (tipo Ritt. 3).

Ao interior, que sería a parte máis visible da peza, sobre unha matriz ou fondo que oscila entre o melado escuro e o azul insertáronse pequenas varetas de vidro branco opaco e amarelo que fundidas e fusionadas entre elas e coa matriz danlle á peza un efecto decorativo de veteado, variante do vidro mosaico de tipo marmóreo.