Esta obra representa un nu de muller de raza negra. A figura, de corpo enteiro, sostén un abano multicolor na man dereita e dáse aire mentres descansa sentada. A pintura afástase do ríxido estudo académico tanto no que ten de anécdota coma na súa execución; a pincelada é áxil e libre en empastes de diversa textura, reflectindo as calidades da pel en todo o seu esplendor. Pódense observar varias correccións na consecución das pernas que quedaron, finalmente, sen rematar. O fondo está a penas traballado e deixa entrever na súa parte inferior, os restos dun debuxo anterior, un bosquexo de retrato masculino.