Representa a un personaxe real, unha anciá mendiga situada na porta sur da Catedral ourensá, como expoñente e alegoría do ocaso da vida. A figura engurruñada e mirrada da muller, de mirada torva, cara afiada e mans osudas, entumecidas polo frío, é claro reflexo de fame, vellez, soidade e, en definitiva, miseria e desamparo.
O bastón e o cántaro caídos, únicos e fieis acompañantes que tamén acusan o paso dos anos, contribúen a acentuar o efecto dramático da escena xunto a un acertado tratamento técnico e unha sobria paleta, con predominio de grises e azuis, conscientemente utilizada polo artista como trasmisora de sentimentos. Nesa penumbra xorde un pequeno e intenso foco de luz que resalta o branco pano que lle cobre a cabeza e ilumina o rostro e as mans como elementos máis expresivos da intencionalidade do cadro.