O lenzo recolle unha ampla visión panorámica dos arredores da capital coas súas chairas e a serra do Guadarrama como escena de fondo. O pintor aborda a natureza de forma directa e instintiva, nunha composición apaisada construída con manchas de cor en pincelada áxil de empaste lixeiro. Destaca a captación dos celaxes en movemento e o estudo do efecto de luz que estrutura a paisaxe en sucesivos planos de profundidade. A pintura aplicada directamente sobre a tea sen bosquexo previo, o traballo executado ao aire libre, o gusto polo non acabado e a referida captación de luz e atmosfera, espellados cunha grande forza plástica como fundamento do cadro, vincúlano cunha paisaxe conceptualmente moderna.