Retrato de Ramón Parada Justel

Retrato de Ramón Parada Justel
Retrato de Ramón Parada Justel
Autores/as
Mani Roig, Carlos
Comentario

O busto representa a Parada na súa época de xuventude, non máis de vinte e cinco anos, vestido con descoidada elegancia e certo dandismo: a gravata de lazo, a camisa branca e de colo dereito, a chaqueta de lá e solapa esmoquin. A cabeza aparece lixeiramente ladeada e traballada en abundantes e avultados bucles o que lle proporciona un expresivo contraste lumínico. O rostro realista e sobrio define ben a personalidade un tanto melancólica do pintor. El mesmo se retrataría con esta mesma indumentaria e actitude en varias ocasións, durante a súa curta vida.