Cabeza humana con arranque de torso. Amosa unha lixeira inclinación cara ao lado dereito e os rasgos faciais representados de forma esquemática e ruda, non exenta de singularidade expresiva. Os ollos, moi xuntos, sinálanse por medio de dous pequenos ocos circulares a ámbolos dous lados dunha liña que debuxa o nariz, cos seus orificios incisos. A boca, tamén levemente inclinada, está formada por un simple suco.
No lado dereito da cara, e anatomicamente moi adiantada, representouse a orella, formada por un semicírculo cun punto inciso central; no lado esquerdo non aparece. Trala orella sinálase unha pequena protuberancia que ten continuidade nunha liña curva incisa na caluga, que cabe interpretar como casco ou capacete, moi axustado (o que fai pensar que sería de coiro). No pescozo apréciase claramente a presencia ornamental dun torques.