Sen título (CE003685)

Sen título (CE003685)
Sen título (CE003685)
Comentario

Capitel corintio, moi deteriorado, de mármore con vetas grises, de baixa calidade, tamén chamado do país.

O seu cesto, moi fundido na parte inferior, organízase por medio de dúas coroas de follas que se separan lixeiramente do "kálathos", producindo efectos claroscuristas. A nervadura central destas aparece delimitada por dos profundos sucos que chegan ata a base das follas, os lóbulos son de extremos redondeados e pouco marcados e están sinalados por medio dunha incisión en trépano a ámbolos dous lados do nervio e unha zona de sombra en forma de bágoa. Entre as follas da segunda coroa xorden os caulículos, curtos e de estrías oblicuas, que abríndose en abano prolónganse para formar unhas hélices moi convencionais, debaixo dun ábaco de lembranzas clásicas. Debido ó deterioro do capitel non é posible certifica-la existencia de volutas.