Gran sartego de granito de forma rectangular, realizado nunha soa peza, non antropomorfo, cuberto por unha lauda plana e lixeiramente redondeada nun dos seus extremos. A lauda está decorada cunha banda que percorre a liña media do seu largo bifurcándose en ambos extremos cara aos ángulos con dúas bandas que a cruzan transversalmente producindo un efecto de cruz en lixeiro relevo. Unha desgastada moldura enmarca o seu perímetro.