Rei David tocando a fídula

Rei David tocando a fídula
Rei David tocando a fídula
Comentario

Nun bloque granítico represéntase en alto relevo a imaxe do Rei David tocando unha fídula. En relación ao resto do corpo a súa cabeza está desproporcionada, presentando os rasgos desdibuxados pola erosión, zona pómular bastante marcada e a súa orella esquerda está ben sinalada. Está tocado có nimbo en condición de antepasado de Cristo e a súa vestimenta de túnica corta e manto entreaberto deixa ver a parte inferior das pernas que se dispoñen en aspa e sobreposta a esquerda. Vai toucado cunha especie de kipá e cunha atara (voz asociada no mundo xudeu ao adorno ou a unha forma redondeada).Sobre o seu ombreiro esquerdo descansa o instrumento musical. Rasgos arcaicos mostran un esquematismo acentuado na disposición dos cabelos que se adiviñan baixo unha especie de bonete que os cubre así coma na disposición dos panos e os seus pregues xeométricos. A figura aparece aparentemente erguida, pero paradoxicamente repousa os pés sobre un pequeno escabel, polo que a intención última do escultor era, claramente, representalo sentado. Está tocando unha vihuela ou xiga de tres cordas que apoia sobre o peito; coa man esquerda marca as notas sobre as cordas, mentres que coa dereita sostén o arco con que a fai soar.