Representación de san Autelo (Eleuterio), cun revestimento luxoso en prata gravada e repuxada que se extende por toda a superficie a excepción do rostro. Executado en avultado relevo, cun libro na man e en actitude de bendicir, xesto cargado de simboloxía xa que os tres dedos abertos (índice, corazón e maimiño) queren recordar a Trindade e que Cristo é unha das tres persoas divinas, os dedos restantes repregados (polgar e anular), recordan que en Cristo subsisten dúas naturezas: a humana e a divina. A cabeza de inspiración románica realízase ao óleo sobre táboa, proporcionando un gran efecto. Veste alba e capa pluvial con estola, prodigándose nestas os detalles ornamentais. A figura desenvólvese sobre un fondo compartimentado, a través dunha moldura, en dúas zonas de diferente decoración, quedando enmarcada por baquetóns e róleos nos ángulos. Franquea a aureola do santo unha inscrición en carácteres gregos, onde figura o nome do mesmo. Execución coidada e cargada de detalles, impóndose o decorativo nun traballo onde o labor de orfebrería supera o da pintura.