Retrata a un mozo que daquela contaba dezanove anos, de pé, de corpo enteiro en orixinal disposición, situado de perfil á esquerda en actitude de camiñar, ocultando unha man no peto do pantalón mentres sostén coa outra un paraugas. Leva a cabeza cuberta por un sombreiro de cor parda e viste chaleco e chaqueta a xogo que deixa asomar os puños e o colo alzado dunha camisa branca e a gravata. Os mesmos tons repítense nos zapatos, en claro contraste coa cor negra do pantalón.
A figura concentra toda a atención ao situarse sobre un fondo neutro que define un espazo ilimitado, exento de calquera elemento que poida distraer, resolto en austeras entoacións en harmonía coas cores das roupaxes.
A luz proxéctase en leves brillos sobre a figura e inunda a parte inferior do lenzo, onde se reflicten as sombras xogando un papel de fixación espacial.
Con trazos certeiros e espontáneos logra o autor un retrato con carácter de instantánea fotográfica, ben caracterizado, que transmite unha total sensación de realidade, no que destaca a elegancia da vestimenta, en consonancia coa naturalidade da pose e a fidel captación dos trazos e personalidade do modelo, tal e como recolle o fillo do retratado no seu artigo: "Debo, finalmente, hacer notar el parecido extraordinario de ambos retratos con el modelo, no solo en su aspecto físico, sino también en el gesto y en la expresión".