Sen título (CE004810)

Sen título (CE004810)
Sen título (CE004810)
Comentario

Colgante de prata sobredourada, composto por tres corpos independentes, articulados entre si, que forman no seu conxunto unha especie de triángulo invertido. O corpo maior ou superior ten forma ultrasemicircular e está formado por fíos en espiral que trazan pétalos alongados, cun botón central convexo cinguido por un cordonciño trenzado, e sete rosetas de seis pétalos no campo; o perfil exterior ten unha orla de rosiñas e contorno festonado. A súa aparencia recorda a cola dun pavón ou pavo real. Polo reverso leva unha lingüeta vertical para suspensión. O segundo corpo é trapezoidal, en forma de lazo calado a base de róleos conformados por recortes de lámina de prata, salpicados de rosetas e rosiñas, e cun casquete semiesférico no centro. O corpo inferior é triangular e repite a mesma ornamentación, distribuída de forma simétrica, como no resto da peza. Os remates dos extremos son tamén flores e os intercorpos que ensartan as tres partes son aneis verticais.