Bloque granítico de grao fino e forma trapezoidal que estreita cara os pés .Na parte superior da peza, ben traballada, ao igual que os laterais, por contraposición coa parte inferior a penas desbastada, ten un baquetón inciso que a contorna e no seu interior destaca o relevo dunha cruz patada, algo deforme, de brazos sensiblemente iguais a partir dun disco central, e unha inscrición, incisa, que se desprega en sentido lonxitudinal a partir da cruz, en cinco liñas de tamaño irregular.
A primeira liña está subliñada por una raia incisa que se bifurca na parte final, aínda que poderiamos pensar que en parte corresponde á indicación das abreviaturas da liña inferior. Trátase dunha lauda funeraria para inhumación infantil que constitúe unha das mostras máis antigas na que se recoñecen fórmulas de filiación en galego.