Sen título (CE005239)

Sen título (CE005239)
Sen título (CE005239)
Comentario

Mosaico de tema mariño cunha decoración organizada en bandas horizontais. No fragmento conservado identifícanse, de abaixo arriba, dúas filas de bandas en zigzag, de teselas grises, representando a auga; un prago á dereita e o arrinque da testa dun fodón ou faneca, tamén a dereita; unha nova ringleira de auga e por riba un ourizo (ou flor de auga), seguido de dúas ameixas dispostas en paralelo, e ondas mariñas amosadas como un grupo de liñas curtas paralelas rematadas nun dobre apéndice (elemento que dá a sensación de movemento característico da musivaria do Noroeste peninsular). Separadas por outra representación da auga, superpóñense unhas ondas mariñas, outras dúas ameixas e parte da cola e do corpo dun golfiño, á esquerda (segundo un modelo característico do Baixo Imperio).