Sen título (DX0147)

Sen título (DX0147)
Sen título (DX0147)
Comentario

Recipiente aberto de paredes grosas, perfil composto bitroncónico e con maior diámetro na carena, que se reduce cara o bordo e o fondo. A base é plana pero co pé lixeiramente indicado, e un rebordo perimétrico redondeado. O galbo e o ombro son sinuosos e cónicos -aberta e pechada, respectivamente- e únense a través da carena -horizontal e lixeiramente marcada-, para conferirlle a devandita forma bitroncocónica. O colo presenta unha parte moi pequena do perfil e unha suave morfoloxía cóncava. O bordo é lixeiramente exvasado e un pouco engrosado na parte exterior pola presenza dun cordón, está acabado nun beizo plano. Con respecto á pasta, esta presenta unha textura compacta-fina, homoxénea, con desgraxantes de tamaño medio e variedades tonais marrón clara e alaranxada. As superficies interior/exterior son semirugosa/semilisa, respectivamente, e amosan un brunido medio, un fondo alisado, e concrecións de carbón postdeposicionais na parte inferior do perfil e a partir da liña de carena. Os tons das superficies son claros (alaranxados e marróns)

A decoración concéntrase na parte do ombro-colo da peza e componse duns cordóns en relevo (3) e mamilos (12 visibles) de morfoloxía subcircular. Os cordóns documéntanse parellos, un no beizo e os outros dous delimitando horizontalmente o espazo do colo, entre os que se acoutan uns mamilos aliñados.