Representa a un bispo de pé, en posición frontal. A figura presenta un estatismo que só é roto polo leve movemento da perna dereita e pola colocación das mans. Unha sostén un báculo que hoxe se atopa roto e a outra colócase sobre o peito. A cabeza inclínase contribuíndo á idealización da expresión de compunximento. A figura vai tocada coa mitra episcopal e viste hábito con alba branca e con puntillas. As roupas cínguense e ablusónanse na cintura grazas a un cordón que á súa vez suxeita unha estola que cruza o peito. A figura está cuberta con capa pluvial en cor vermella que cae verticalmente sen grandes concesións volumétricas transmitindo unha actitude repousada e doce propia dos gustos populares do oitocentos.