Sen título (DX0158)

Sen título (DX0158)
Sen título (DX0158)
Comentario

Crucificado expirante de tres cravos coa perna dereita sobre a esquerda. Os brazos, de exigua musculatura, soportan o peso do corpo dispostos en S, ofrecendo unha detallada anatomía co costelar moi marcado e con salpicaduras de sangue. Cobre á figura un amplo pano de pureza con pregamento brando. O pano está cinguido por unha soga e forma un nó no lado esquerdo. A cabeza, coroada de espiñas, ladéase cara a dereita amosando a boca e os ollos entreabertos, o nariz afiado, barba aberta en dúas puntas e cabelo ondulado de pormenorizado tratamento.

A imaxe crávase sobre unha cruz verdescente que leva na parte inferior do brazo longo un talo vexetal relevado, asenta sobre un rochedo mariño ornado con estrelas de mar que, disposto a modo de cova, acolle á figura tendida da Madalena coa caveira nunha das súas mans. Á cruz fáltalle a cartela co I.N.R.I que tivo.