Crucifixo

Crucifixo
Crucifixo
Comentario

Cristo morto crucificado de tres cravos sobre subpedáneo e coroado de espiñas. O rostro, que repousa sobre o ombro dereito ten o cabelo apartado cara ás costas nunha onda, deixando así percibir unhas faccións sereas. O corpo ten a anatomía proporcionada e un certo aire clasicista, cóbrese cun pano de pureza que se recolle sobre a cadeira dereita en pregos pegados ao corpo e que anoan sobre a perna. Vai cravado sobre cruz latina de madeira, de traveseiros lisos con remates florais e bordos festonados en bronce. Fáltalle o I.N.R.I.