Sen título (DX0168)

Sen título (DX0168)
Sen título (DX0168)
Autores/as
Real Fábrica de Pratería de Martínez
Comentario

Componse de pé circular con base cilíndrica e superficie lisa elevada no centro en forma troncocónica. O vástago comeza cunha serie de molduras -unha delas con decoración de cuñaxe xeométrica-, que soportan un longo corpo cilíndrico ao que, mediante pequenos craviños, se aplican sete medallóns ovais que levan gravadas as iniciais B. C. P. C. E. O. M. sobre fondo mate raiado. Dous corpos troncocónicos, cun baquetón gallonado entre eles, dan paso a un nó saínte, de forma cilíndrica adornado con sinxelas plaquiñas recortadas en forma de flor que se superpoñen unhas as outras. Segue un estreito colo entre molduras, decorado por motivos ovais calados e coroado por un corpo convexo. A copa, de borde lixeiramente aberto, mostra na subcopa ornamentación de nubes sobrepostas. Os tres punzóns sitúanse no borde vertical do pé, dispostos horizontalmente, e son: escudo coroado co oso e o érbedo e outro cun castelo -contrastes oficiais da Vila e Corte de Madrid- ámbolos dous sobre 29, cifras finais do ano de execución do cáliz; o último dos punzóns é o de artífice, z/M, dentro dun selo bilobulado.