Sen título (DX0477)

Sen título (DX0477)
Sen título (DX0477)
Comentario

Formado por dúas pezas, a pedra de armas propiamente dita e a inscrición explicativa. Escudo oval con castelo mazonado e aguia imperial, timbrado de cimeira a esquerda e orla oval de follas decorada con cabezas. Por riba, a inscrición.

No primeiro perpiaño labrado, as armas, un castelo e un aguia, en pau; no timbre, helmo coa viseira calada e con cimeira. Fallan as cores do fondo e dos mobles heráldicos, elementos consubstanciais ao escudo e que teñen unha certa importancia á hora da identificación correcta das armerías, e que constitúen un dos principais problemas na súa correcta identificación. A persoa da que fai mención a inscrición é don Antonio de Noboa e Oxea, pero as armas representadas son só as de Noboa e non as dos Oxea, como se explícita na inscrición acompañante. Non temos de momento máis información desta persoa, que resulta curiosa por engadirlle ás súas armas á lenda que figura no texto e que parece referirse a un feito de armas da Reconquista en Sevilla, toma da Cidade na que participaron algúns membros da liñaxe.