Cabeza de Río

Cabeza de Río
Cabeza de Río
Comentario

Cabeza co inicio do torso conformando unha especie de peaña. O seu tratamento rudo e sumario acentúase polo intenso desgaste que sufriu a peza, polo que os riscos faciais case teñen desaparecido; esta mesma erosión impide discernir con claridade se a figura era barbada. Os ollos consisten en dous pequenos ocos incisos, cos arcos supraciliais sinalados por medio dun leve avultamento; o nariz apenas é visible e a boca, aberta, é unha incisión horizontal. Arredor das orellas, simétricas e traballadas con detallismo, márcase unha liña que continua pola caluga nun refundido lonxitudinal que sinala a presenza dun casco ou capacete axustado, que posiblemente sería de coiro. Na parte inferior do colo, xusto pola zona onde está crebada a figura, hai unha protuberancia que probablemente corresponda á representación dun torques.