Sen título (DX0007/2)

Sen título (DX0007/2)
Sen título (DX0007/2)
Comentario

A morfoloxía e medidas xerais das 27 pezas (26 delas enfíadas nun fío de liñu actual) que conforman este conxunto de doas é diversa, pero todas elas comparten unha forma discoide e unha perforación central. A descrición das seccións é moi dificultosa debido en parte ao seu diminuto tamaño, non obstante obsérvanse tres tipos fundamentais de sección, as rectangulares, as subrectangulares e as de tendencia elíptica. Os orificios centrais son irregulares predominando as perforacións circulares, aínda que as formas elípticas son relativamente numerosas.

As alteracións mais salientables que se derivarían do proceso de elaboración da peza, uso e/ou manipulación postdeposicional son os entalles nos bordos dos orificios e nos extremos dalgunhas doas. O brillo é tenue e metálico, a textura é foliada ou laminar, propia de rochas da familia dos xistos e o resto de propiedades serían unhas cores de varias tonalidades cincentas.

Un pequeno fragmento de cuarzo.