A peza debeu ter forma prismática e a parte conservada pertence á dereita da peza. A cornixa ou capitel está decorada con tres molduras lixeiramente marcadas, faltándolle os rolos. O fóculo, doblemente refundido, é de sección cadrada. O campo epigráfico está mal conservado na parte superior debido á calidade da pedra, moi meteorizada; por contra na parte baixa a inscrición está bastante clara e as letras profundamente marcadas. A basa está decorada por unha moldura no punto de arranque, sendo o resto completamente liso. A parte que falta non foi cortada de forma regular.