Sen título (CE006011)

Sen título (CE006011)
Sen título (CE006011)
Comentario

Trátase dunha peza pequena, de cor gris, co corpo case que globular, colo moi marcado e labio desenvolto en vertical e amplo, troncónico invertido, cunha asa, e, preto dela, tres incisións aliñadas en vertical, resultando representativa do conxunto recollido no seu día nas escavacións e, máis aínda, dun dos seus grandes tipos formais.

Caracterízase este amplo conxunto pola cor das súas pastas, gris perla - resultado dunha coción redutora a unha temperatura de oitocentos grados-, micácea, con degraxante orgánico visible -pequenos carbóns-; pola textura externa -irtas ao tacto-, e pola factura cun torno que produce grandes irregularidades. Hai tamén unha coincidencia na decoración, moi limitada formalmente, e que abrangue incisións formando grupos ou aliñacións tanto verticais como horizontais, liñas incisas paralelas , case que sempre ondulantes, e ungulacións. Tamén, agás unha media ducia de excepcións, o tamaño é coincidente, entre os nove e once centimetros de altura.