Bloque prismático de sección cadrada, bastante alterado superficialmente, o que dificulta a súa lectura. Foi repicado nas súas molduras saíntes (salvo na parte traseira do pé e lateral dereito da peza) para reutilizalo na función construtiva que desempeñaba polo que apenas son recoñecibles as letras. Na parte superior apréciase un fóculo de 13 cm de diámetro e un refundido de 4 cm e tamén restos dos "pulvini" e doutros elementos que nas partes delanteira e posterior os unía -quizais a xeito de frontóns- e formaban un bloque cadrado arredor do focus. O lado esquerdo está roto cun esmoucado que dende a cabeza alcanza ata a metade da altura do campo epigráfico, mutilando parcialmente a inscrición. No lateral dereito hai un descascado producido polo veteado do material de base.
A cabeza, ou parte superior, está decorada por motivos xeométricos moi erosionados, de 10 cm de altura; estes mesmos motivos percíbense tamén na base, sobre todo na parte traseira, mellor conservada.