Sen título (DX1030/86)

Sen título (DX1030/86)
Sen título (DX1030/86)
Comentario

Xerriña con dúas asas laterais, de sección circular. Está case completa, soamente lle faltan partes do borde, e bordes da base anular. Presenta borde aberto do que saen as dúas asiñas cilíndricas que, a súa vez, arrancan da parte baixa do corpo de perfil sinuoso. Na parte da curvatura, á altura do arranque inferior da asa, presenta dous sucos horizontais e paralelos, soamente interrompidos por ese arranque, cheos de impresións que semellan seren de xeito circular as de arriba, e como SSS as de abaixo. Esta banda decorada ten un ancho de 7 mm. No fondo presenta resalte en coroa. A pasta é marrón, roxiza polo medio, e con engobe marrón escuro polas dúas caras (máis escuro no interior), onde tamén presenta alisado. Grans de mica como desgrasante.

A xerra contiña oito moedas de bronce, pegadas en dous grupos: un de tres e outro de cinco moedas. Tiñan a particularidade de conservaren restos dun tecido adherido a elas, o que indicaría que estarían envoltas nel.

Asa 1: Altura 5,2; anchura 1 e grosor 0,9 cm

Asa 2: Altura 5,3; anchura 1,1 e grosor 0,9 cm