Fonte circular de gran tamaño de terra sigillata africana D reintegrada a partir de oito fragmentos. Presenta un estreito bordo exvasado decorado con dous suaves baquetóns e rematado nun labio recto - convexo. O corpo, de pouca altura e oblicuo, enlaza co fondo, que é de grosor máis fino que o resto, cunha pequena concavidade, o que fai que a base quede lixeiramente máis elevada dando elegancia á peza. A fonte decórase no centro con círculos concéntricos estampillados entre dobre acanaladura incisa.
Mostra un engobado ben decantado, como acostuman a ter as pezas empregadas na vaixela fina da mesa.