Sen título (DX1106/1)

Sen título (DX1106/1)
Sen título (DX1106/1)
Comentario

Broche de cinto composto por dous elementos diferenciados: fibela e placa. O anel da fibela é de forma ovalada, presenta decoración gallonada no anverso e aparece fracturado na zona media. Na base ten dous remaches cun orificio circular que permiten o paso dun pasador de ferro, cuxa funcionalidade é articular a fibela coa agulla, que non se conserva, e a placa. O reverso da fibela é plano. A placa ten forma rectangular e o seu perfil externo aparece percorrido por un sinxelo motivo decorativo formado por unha dobre liña incisa, motivo que se repite no espazo central da placa, en sentido lonxitudinal, definindo dous rexistros horizontais superpostos nos que figura un epígrafe de carácter cristián, realizado con técnica de calado, no que se le: XPS SI(T) / TECUM, é dicir, «Cristo sexa contigo». Na parte posterior da placa dispóñense catro apéndices perforados mediante un orificio circular para a fixación do broche ao coiro da correaxe.

A peza estaba revestida cunha lámina de prata, hoxe perdida en parte e alterada.