Fragmento de lucerna de pasta amarelenta e verniz avermellado. Conserva parte do disco separado do margo por unha moldura e decorado cunha figura incompleta que xira a cabeza cara á dereita, posiblemente un domador vestido con túnica curta recollida cun cinto a altura das cadeiras. A figura aparece mirando á dereita e suxeitando un látego coa man dereita. O feito de que se represente un domador, lévanos a pensar nunha representación de Mercurio.