Lugar de nacemento
Vigo (comarca)
Biografía
Nace en Vigo onde pasa a súa infancia e primeira xuventude, vivindo posteriormente en diferentes cidades españolas. Durante os anos 1976-79 estuda pintura na Escola de Alberto Castro couso en Vigo, onde se reúne con outros xovenes pintores formando o grupo "Abracadabra", e cos que exporá en diferentes cidades de Galicia. A partir do seu traslado a Cuenca, en 1983, a súa visión da vida vai sufrir un cambio importante, o cal se reflicte na súa pintura: abandona case por completo o óleo, experimentando con diversas técnicas sobre papel e empeza unha obra de carácter máis intimista, de acentuado expresionismo.