Torres Martínez, Manuel

Data de nacemento
1901
Lugar de nacemento
Marín (l)
Data de defunción
1995
Biografía

Autodidacta de intensa e fecunda tarefa como pintor, dedicouse ao ensino en escolas públicas. O seu primeiro destino tívo nunha parroquia viguesa, onde tomou contacto co pintor Carlos Maside. Publica caricaturas, moi influídas polos modelos de Castelao, en diarios vigueses durante os anos vinte e a República. En 1927 foi becado pola Deputación Provincial de Pontevedra para estudar en Madrid. En 1931 viaxa a París con outra bolsa de estudos. Participa na Mostra de Arte Galega de Madrid, en 1928. Celebra exposicións individuais en cidades de Galicia. Ensaia diferentes modos de expresión, que van do óleo á acuarela, pasando polo linóleo e outras técnicas de gravado. En 1982 dedícaselle unha antológica na Bienal de Pontevedra, que se repetirá en 1990. Tamén en Caixavigo realiza unha antológica da Marinense, dentro da súa serie Grandes Artitas Gallegos, en 1987. En 1992 o concello de Marín outorgoulle o título de fillo predilecto e procede á inauguración dun museo monográfico do artista, a obra do cal está presente en todas as pinacotecas de Galicia, así como en institucións oficiais e coleccións particulares.