Madrid
Alumno da Escola de Belas Artes de Palma e discípulo en Madrid de Rivera e Madrazo. Gravador Xefe da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, administrador da Calcografía Nacional e Membro de número da Real Academia dende 1899. Considerado como un dos gravadores españois máis significativos do último cuarto do século XIX e primeiro cuarto do XX. Desprega a súa actividade en distintos campos, debuxo, pintura, gravado e medallística. Como gravador foi un dos máis destacados divulgadores dos cadros de historia da segunda metade do século. Aínda que na bibliografía tradicional está considerado como un renovador da aarte da medalla, a súa aceptación do modernismo é superficial e non profundiza na verdadeira eclosión decorativista que se leva a cabo por estes anos en Barcelona. Sen olvidar, sen embargo, que el mesmo crfe que é necesaria unha renovación no mundo artístico da medalla, que comenzaba a amosar un anquilosamento.