Ourense (l)
Cursou estudos no seminario a partir de 1918 compaxinandoos dende 1926 cos de Filosofía e Letras, na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou co Seminario de Estudios Galegos, onde fixo amizade con Xaquín Lorenzo. En 1931, tras rematar os seus estudos teolóxicos co grao de doutor trasladouse a Vigo para dar clases nun colexio dos xesuitas. Foi un dos fundadores da revista "Logos" e como delegado por Vigo participou na fundación do Partido Galleguista. En 1934 fundou a revista "Tude". En 1935 afiliouse aos grupos galeguistas de "Ultreya". Estaba en Madrid cando estala a Guerra Civil, inscribiendose nas Milicias Populares e na sección de ensino da CNT. Rematada a guerra instalouse en Ourense, onde pasou o resto da súa vida como funcionario adscrito ao Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. En 1942 creou o equipo de colaboradores do Museo Arqueolóxico con Vicente Risco e Florentino López Cuevillas. En 1951 ingresou na Real Academia Galega. En 1963 entrou a formar parte do consello de redacción da revista "Grial", ano en que xunto a máis asinantes propuxo á Real Academia Galega instituíse a data do 17 de maio como Día das Letras Galegas (adicada á súa persoa en 1996). Foi presidente da Asociación Cultural Auriense (1969-1973). En 1971 creou o "Boletín Auriense" e en 1972, polo seu labor científico, recibiu a Encomenda de Alfonso X o Sabio. Ten unha extensa bibliografía composta por 121 traballos redactados na sua maioría en castelán. Na súa localidade natal, Valga, convócase na súa memoria o Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo.