Prieto, Tomás Francisco

Data de nacemento
1716
Lugar de nacemento
Salamanca
Data de defunción
1782
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Discípulo en Salamanca de Lorenzo Montemán, fabricante de caixas de tabacos, de quen herdou pautas de estética barroca. Trasladouse a Madrid en 1747 a continuar os seus estudios, chegando a ser Director da Academía de San Fernando en 1752 e gravador xeral de tódalas Casas da Moeda de España e Indias. A súa obra proporciona as pautas da medalla ilustrada en España, contando en todo momento co apoio real. Os exemplos de retratos reais, especialmente numerosos os de Carlos III, ofrecen unha conxunción de realismo e simbolismo adicados a exaltar os logros estatais. A súa obra supón a consolidación da medalla na arte oficial e cortesá, e a súa expansión fora do ámbito madrileño a través dos seus discípulos.