Coullaut Valera, Lorenzo

Data de nacemento
1876
Lugar de nacemento
Sevilla
Data de defunción
1932
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Fillo dun enxeñeiro francés, estudia no Liceo Livet de Nantes. Ó seu regreso a España instálase en Sevilla asistindo ós obradoiros de Antonio Susillo e Agustín Querol. Herdeiro da plástica detallista do século XIX, a estética da súa obra é unha das máis avanzadas, dentro da medallística española do seu tempo. A súa numerosa escultura monumental, de tradición realista, está presente en diversas cidades españolas e sudamericanas.