Carlos III de Inglaterra e Escocia

Data de nacemento
31/12/1720
Lugar de nacemento
Roma
Data de defunción
31/01/1788
Biografía

Foi pretendente á Coroa británica, fillo de Xacobo III, e coñecido polo "novo pretendente" ou "xentil Príncipe Carlos". En 1734 participou no sitio francés e español de Gaeta; sendo esta a súa primeira batalla militar. En vida do seu pai organizou varias expedicións para restaurar aos Estuardo no trono. En xullo de 1745 desembarcou en Escocia, moitos escoceses eran leais á súa causa; logra derrotar as forzas británicas en setembro. Entón tratou de entrar en Inglaterra, onde mesmo os católicos romanos parecían hostís á invasión. O rei Luis XV de Francia, que prometera enviar 12 mil soldados para axudar á rebelión, nunca os enviou. Un exército británico ao mando do duque de Cumberland, mentres tanto, obrigou os xacobitas a retroceder a Escocia. O 16 de abril de 1746 Carlos enfrontouse ao duque de Cumberland na batalla de Culloden, a última batalla que se libraría en chan británico. As minguadas tropas xacobitas foron derrotadas polos británicos. O príncipe Carlos escapou a Francia, pero moitos dos seus partidarios escoceses foron capturados e executados. O movemento xacobita foi derrotado definitivamente; non se fixo ningunha outra tentativa seria de restauración da casa Estuardo.