Data de nacemento
04/02/1763
Data de defunción
02/09/1813
Biografía
Militar e político francés.Tomou parte no golpe de estado do 18 de brumario en apoio de Napoleón. Como recompensa recibiu o mando do exército do Rin, co que gañou a batalla de Hohenlinden (1800). Distanciouse progresivamente de Napoleón e, implicado nunha conxura monárquica, foi condenado a dous anos de prisión. Emigrou a EE UU e en 1813 entrou ao servizo de Alejandro I de Rusia. Morreu das feridas recibidas na batalla de Dresde.