Data de nacemento
23/12/1777
Data de defunción
01/12/1825
Biografía
Foi Tsar de Rusia dende o 23 de marzo de 1801, Rei de Polonia dende 1815 e o primeiro Grande Duque de Finlandia. Estableceu amizade con Napoleón por un período de tempo moi breve, pero por presión dos nobres e dos familiares a alianza rompeu e Alejandro converteuse novamente en inimigo de Francia. As grandes cuestións da política europea atraían moito máis a Alejandro que os intentos de reformas internas que, no fondo, ferían o seu orgullo ao demostrarlle os estreitos límites do seu poder absoluto. Xa ao día seguinte do seu ascenso ao trono, revertera a política de Pablo Petrovich, seu pai, denunciando á «Liga de Neutrales, e fixo a paz co Reino Unido da Gran Bretaña (abril de 1801), ao mesmo tempo que abría negociacións con Francisco II.